20.1.17

SÓSTEME ANÚ








Da porta baixando
 o camiño
cunca cunha voltamos
 darredor do espazo
 berenxando co proir
das xanelas
dendellando por antre
 as fouces do dragón
 volvendo aos metais
 no aire pendurados
 na árbore
 clinqueando
As ponlas non sabían
 do home mergullado
Sósteme Anú
por antre os fieitos
 metais pendurados
 clinqueando,
bramou novamente o dragón
fereixando no chili
plenche plenche
ignorante das áureas
 embranquecidas
serensándolle suidos
de seda
ausindándose
cara o alto
 tan estelada a noite
Sósteme Anú
 abriu os ollos
soltando fíos de prata
cobexou ao lonxe
ás que asubiando
camiñaban cara o sel
con ondas serensándose
ao son das sichas
Estendeu os brazos  
fendidos das serras
agardando os mantos dourados
 triangulados
 i empúbicos
que o abranguesen
no cabo da illa
de Sósteme Anú
serensándose nos seixos
serensándose mentres
pechaba os ollos
serensándose 
de seu