9.11.16

X



X

¿Qué buscas no limbo dos días?
Simples minutos, son, son
Bate segundos;
vén, vén
¿Qué esperas do tempo
oculto no reflexo da vida?
que marche ou quede
un instante preciso,
ou eternice a súa estancia
no banco das rectas curvas
polo ir e vir das ondas,
son,son,
ir e vir de ti,
de min en ti,
vén, vén
Eu quero soñar en antes.
Non saber non saber
¿E ti?, enigma de min.
Agardar a que o tempo pase
ou finar e cortar a cabeza,
e sangrar anos de ser
ou non estar
sabes... non sei

No hay comentarios:

Publicar un comentario