miércoles, 22 de abril de 2015

de romantis



 

 

meu amor

amor meu!

para cando o home verdadeiro que en ti vive?

pois eu merezo ese home

dende o outeiro da miña vida

eu merezo ese home

e ti ...

esta bela muller




jueves, 16 de octubre de 2014

MARGIT


Ás veces non hai tempo para a poesía
Nin mesmo semella
que para o amor máis puro,
tampouco hai tempo
para o amor máis puro
cando caen os días,
húmidos e grises,
pegañentos
coma as sábanas húmidas do outono

lunes, 12 de mayo de 2014

sábado, 11 de enero de 2014

inverno


espidas

as árbores

sen pudor amosan o seu corpo nú

belo e firme

dos frios precedidos

dos ventos

arrincándolle as saias

canta fermosura!

en tanto baleiro


martes, 29 de octubre de 2013

perdidos...

  escribín este poema hai tempo, nesas vagas de inmensa incertidume de min...


    agora

      xa case todo ten un sentido






Siento un vacío en mi seno

 un amor no colmado

 un amor inocente

 un desgarro sinsentido

 un origen sin espejo

 desarraigado

 profundamente vacío

 de mis primeros momentos

Tiendo la mano y no encuentro
 dónde asirme

 un barco en medio de la mar

de inmensa hondura

 sin anclas ni remos

 Decidme!

¿dónde fue mi nido?

¿ dónde fue mi estrella?
  
mi nana

jueves, 10 de octubre de 2013

3 e 4



Da imperfección ...

o movemento

Algo imperfecto xenera movemento
Un home e unha muller
na ansia de se amar
e de facer perdurar ese estado
de onnubilación/enamoramento
cando espertan
se buscan
do espexismo da perfección
réndense conta da imperfección
e porén, o movemento para voltar á...
perfección









lunes, 7 de octubre de 2013

.......................... ex.....................




a vida 
..
experiencia 
ex
       tr
                      e
                 m

                          .
                                 .    

                    .   
                 a

miércoles, 12 de diciembre de 2012

silencio



estes días...

...silencio...

só quero ouvir o silencio máis profundo

só quero que me fale con luz descarnada

quero saber de min

é hora de saber de min...

que?

coma un desexo de arrincar os velos a tiras

que?

silencio

fala!


martes, 4 de diciembre de 2012

cinzas




cando penses
LUZ
aí estou eu
cando penses
AUGA
aí estou eu
cando penses
CALOR
aí estou eu
cando penses
MULLER
aí estou eu
sempre 





lunes, 1 de octubre de 2012

cunca ceo









unha cunca levada
 ao ceo
 lúa
 eres ti esta noite
 dura, fría, redonda,
 gostaría do teu xenio
 mais son eu,
cunca
 na terra
 pousada
 feble do raio que fura
 bágoa que chora
 un corazón aberto
 lúa impoñente
de capa branca
mais son eu
cunca na terra
burato que chora
 bágoas
 estou viva
 imperfecta
 berrando
 son a dona feita de lúa
 e de terra
 unha cunca
 elemental
 chea de forma
 reflexo
 nas noites claras

lunes, 17 de septiembre de 2012

martes, 11 de septiembre de 2012

oda na illa no fin do verán






Da illa,
a terra, firme
 me sinala
 os límites,
o mar encontra a area
os limos,
rochas labradas,
grises, matices, azuis,
néboas mornas,
o tempo é unha familia de cangrexos
lentamente retrocede
fenece o verán
o péndulo
apenas oscila
preguiza profunda
 resístome a abandonar este espazo
 contraccións petan na porta de saída
e porén,
os ocres se me aparecen
faíscas
tamén as landras baten no chan
no entrementres da sombra
 resístome a gardarme
mascar as broullas da estación
pasada
mais…
é asi que palpito
tantos anos e tantos que virán
dóeme o gozo
presintoo sólido e quieto
do frío que xa ocupa as noites
 os días
que xa lle rouban horas
 e é así,
que coronando a pedra
lle pido:
no me esquezas
 aínda quero máis


sábado, 1 de septiembre de 2012

jueves, 23 de agosto de 2012

nit




noite de grilos
bela noite
noite escura
o ceo é un mar de estrelas
caladiñas
rutilantes
noite de grilos
envolvente
espiralante
o chío das curuxas rasga o mantra
somnífero
morfina nocturna do verán
esta noite de grilos
encho o meu corpo fendido
de polvo estelar
cicatrizante
e rexenerante

jueves, 16 de agosto de 2012

terra


Volvo
pousar os pés nesta terra
 blanda
 acordei un trato co tres
 e dispoño así:
un
 un
 un
 amizei cos números
 e agora
 se me representan
 espidos e claros
 falaríache do círculo
 do tres e do catro
 do seis e do oito
 mais era
 volvo
 a esta terra blanda e verde
 que me fala por boca da pedra
 invitada ao baile do un
 afundindo os pés
 erguendo os brazos
libero unha densa esfera
 fíncase na terra
na que resona o meu eco 
 e sei que podo partir

miércoles, 15 de agosto de 2012

e

Non é,
o tempo que xa foi
Non é,
o tempo que vai ser
É
o tempo atrapado nestas verbas
o que latexa ao son da pedra
do río
da árbore

martes, 17 de julio de 2012

amarelas



Deleite de cada instante
Hoy he decidido salir al encuentro
 de las bellas flores amarillas;
queridas flores amarillas
 cual solecitos de verano,
Rayitos luminosos que imitan al coloso celestial,
Hijitas muy dignas,
 bellas flores amarillas
 que nos regalan reflejos de una eternidad
Rítmica de cada temporada,
florecitas amarillas cual paquetitos de verano,
 color,
calor

sábado, 14 de julio de 2012

l'AMORE

L'amore è una fiamma sempre acesa
non ha oggetto né soggetto
non apartiene a nessuno
e a tutti inonda
l'amore sono mille freccie
uscendo da mille posti
non si puó apprendere
ma é da per tutto
non ha padrone
ma a tutti serve
...



...

domingo, 10 de junio de 2012

Poemas de doble hélice




Cómo volcarme?
SENTIR
Cómo sentir?
HACER
Cómo hacer?
MOVER
Cómo mover?
HABLAR
Cómo hablar?
LA VOZ
LA PALABRA hablada
Plasmada en el lienzo
CORAZÓN impreso
SELLO
La persona
Materia concentrada
DENSIDAD
Acción sostenida
Fuente de vida
                                                                          EXHALAR

lunes, 4 de junio de 2012

CARBOEIRO


O sol coronando o ceo
as aves cantando sen freno
as árbores enchendo o espazo
 de pura exuberancia
 as rosas perfumando os camiños
a primavera reventa
 de día,
de noite a lúa chea
inunda de luz o escenario
 os grilos acompasan o ritmo
 dentro do ritmo
 inserto sen fin
E eu recoñezo ser
a animal que cada ciclo
 esperta de novo do longo
 manto do inverno
 eu sinto correr o sangue da creación
 nas miñas propias carnes,
 recoñezo a paixón que me rebosa,
os cantos entre persoas,
baixo os carballos,
embriagados no tataratatara
Sei da perennidade das volvoretas
E canto agora,
pois agora agroman as broullas
 enxordecen os pasaros
e todo se enche de todo
Acaso iba quedar quietiña?
Coutadiña e obediente
Se son portadora de vida
Nacín dona
Creadora
E como tal renazo cada primavera

jueves, 24 de mayo de 2012

aliñación




Quixen pintar unha rosa
e só puiden pintar espiñas
quixen cantarlle ás andoriñas
 e sú unha voz muda me falou,
quixen ser a ave soñada
 e vinme de novo engaiolada
 pensei ter cortado os fíos
 e resultei presa dunha áncora
Crendo ter viaxado tanto
 atopeime no mesmo punto
e cánto longo é o camiño!
e cánta vida para vivilo!
Se puidera pintar a rosa
que tan ben arrecendía,
Se puidera cantarlle á ave
que tan libre me facía
Se puidera amarme alto
Qué tan libre eu sería!

jueves, 3 de mayo de 2012

IX

IX

Nacín da cor das flores.
Só con ollos que non vían.
Pensaba en branco e
vivía en verde, ou azul
que non vivía.
Cabalgaba no arco da vella
e morría, tal vez negro,
ou branco, de novo.
Eses ollos son da túa cor de fóra,
que eu vexo rosas, ti verdes, ou améndoa.
Pintei, e pintabas.
Todos.
As mesmas cores nunca foron as mesmas.

1_interludio


1



Mi esfera se compone
 de mil amores
 cachitos
 que se van armando
 en torno a un centro
Amo sin miedo a no ser amada
 busco la luz que de mí mana
Pretendo gozar del no poseer
Abro mis compuertas para que el amor pase
 y me deje apenas chispitas de luz,
ecos de melodías del cielo
 cachitos de mil amores
 que fueron
 son
 y serán